O Monopoly chega a Nintendo Switch

martes, 31 de outubro do 2017 Marcus Fernández

O feito de que a Nintendo Switch sexa unha consola que poida operar como doméstica e portátil convértea nunha plataforma ideal para os xogos en familia, o que aproveitou Ubisoft para lanzar unha nova versión do Monopoly, que xa podemos mercar por 39,99 euros tanto na Nintendo eShop como en formato físico.
Este xogo permítenos elixir entre 3 divertidos taboleiros tridimensionais, xogar en calquera lugar con até 6 xogadores (con ou sen conexión á Rede), gozar de modos que permiten partidas rápidas e incluso coa posibilidade de modificar as regras incluíndo novos naipes de acción.
Os amantes do clásico xogo de mesa teñen así unha oportunidade de gozar do mesmo no televisor do fogar ou en calquera outro lugar grazas ás posibilidades da Nintendo Switch, que fan que o seu uso en mobilidade tamén resulte natural, coa vantaxe de ser máis doado de transportar e montar que un xogo de mesa tradicional, xa que non teremos que ter coido de non extraviar as súas pezas.

Tráiler de lanzamento do Monopoly para Nintendo Switch

PUBLICIDADE