O Ministerio de Cultura incorpora un axudante á súa web

mércores, 18 de xullo do 2007

A páxina web do Ministerio de Cultura vén de incorporar un asistente virtual deseñado por Manuel Estrada que axuda ó cidadán a atopar información tanto sobre trámites burocráticos relacionados co Ministerio como sobre eventos culturais.
O orixinal avatar componse dunha imaxe dun so trazado que se move mediante fotografías parciais de caras que cambian cando se lle pregunta. Responde ó nome de i e foi desenvolvido por un equipo combinado de expertos en edición de contidos, lingüística computacional e programación.

PUBLICIDADE