O Igrexario da Grela amparará a vindeira edición da LaconNetwork

luns, 23 de xullo do 2012 Marcus Fernández

O vindeiro venres celebrarase na Coruña a edición número 30 da LaconNetwork, encontro de emprendedores e profesionais do sector TIC que mestura gastronomía con networking, que desta volta terá lugar nun enclave moi peculiar, o Igrexario da Grela, un Centro Municipal de Empresas instalado no interior do antigo convento da Grela, e dende o que operan empresas tecnolóxicas como Enxendra.
A inscrición ao evento que botará a andar ás 14:00 horas do vindeiro día 27 xa está aberta, e os que desexen participar deberán aboar 21 euros de xeito anticipado para sufragar o xantar da xornada que estará composto por entrantes variados e churrasco. Tamén pode indicarse a intención de asistir a través do evento de Facebook desta edición da LaconNetwork.

PUBLICIDADE