O Goberno dá conta en Internet de tódalas actividades do Ano da Ciencia 2007

venres, 23 de febreiro do 2007

O Ministerio de Educación e Ciencia vén de pór en marcha unha web na que aglutina toda a información referente ás actividades do Ano da Ciencia 2007, iniciativa coordinada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e que ten estes obxectivos: contribuír na medida do posible ó desenvolvemento científico de España e achegalo a toda a cidadanía.
Con este fin, o Ano da Ciencia 2007 encamíñase a mobilizar a tódolos axentes que poidan ter algún tipo de implicación: administracións, museos da ciencia, centros de investigación, fundacións, empresas, investigadores ou profesores. Na devandita web recóllese o calendario de actividades, mes a mes.

PUBLICIDADE