O Final Fantasy XIII para Xbox 360 tamén se venderá nos mercados asiáticos

martes, 5 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Varias rapazas amosaban en Taipei as novidades que chegarán para a Xbox 360

Durante o E3 Microsoft anunciou que rachaba a exclusiva da saga de Final Fantasy para as consolas de Sony, de xeito que Final Fantasy XIII tería unha versión para Xbox 360 en Europa e Norteamérica, e agora falan tamén de que o xogo podería venderse en Taiwan, ou sexa, que si habería unha versión asiática, de xeito que o país que quedaría sen o Final Fantasy para a consola de Microsoft sería Xapón.
O anuncio dunha versión asiática do Final Fantasy XIII para Xbox 360 (quedando por coñecerse os detalles sobre a localización do xogo) realizouse durante unha presentación en Taipei na que tamén se presentaron xogos para a consola de Microsoft como Soul Calibur IV, FaceBreaker ou Banjo-Kazooie, así como tamén se puido ver unha versión modificada da Xbox 360 coa estética da nova película de Batman.

PUBLICIDADE