O FIFA 09 domina as vendas de videoxogos no Reino Unido

martes, 7 de outubro do 2008 Marcus Fernández

A guerra dos xogos de fútbol desta tempada parece estar máis que decidida, e o FIFA 09 parece que é o que leva o gato á auga, pois o nefasto Pro Evolution Soccer 2008 fixo que moita xente abandonase a saga de xogos que tanto éxito conseguira na anterior xeración de consolas e que non parece estar a adaptarse ven á PS3 e á Xbox 360 (ou iso sosteñen as críticas da última versión de proba do PES 2009), polo que os afeccionados ao fútbol caen rendidos ante a nova entrega do FIFA, que no Reino Unido ocupa os 3 primeiros postos en vendas (superando mesmo a Wii Fit e Mario Kart Wii e relegando a El Poder de la Fuerza a unha sétima posición).
O FIFA 09 converteríase no xogo terceiro xogo de vendas máis rápidas para Xbox 360 (só superado por GTA IV e Halo 3) chegando a sumar o 42% das vendas totais para esta plataforma nos últimos días, algo moi semellante ao que acontece coa PS3 (co 40% das vendas) mentres que na PS2 se limita a un 11% de cota de mercado e na PSP no 3%).
Aínda que non temos datos relativos a España, normalmente son moi semellantes ás británicas, e o éxito do FIFA 09 aínda podería ser maior dentro das nosas fronteiras, pois o xogo se fixo coa exclusiva da licenza da Liga de Fútbol Profesional, o que mellora substancialmente a súa posición fronte ao PES 2009.

PUBLICIDADE