O Dereito electrónico centrará un congreso en Barcelona con participación galega

martes, 19 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Programa do congreso

O vindeiro 29 de xuño o Ilustre Colexio de Avogados de Barcelona (ICAB) organiza a primeira edición do Digital Law World Congress, un encontro internacional que tratará temas tan de actualidade como a ciberdelincuencia, a privacidade, os contidos dixitais e os dereitos de autor, o social media, a propiedade intelectual e a computación na nube, para o que contan coa intervención de relatores como Lawrence Lessig, referente no Dereito electrónico que impartirá unha charla co título On the Futures of IP Law.
Tamén queremos destacar a participación no evento dun par de galegos: por unha banda o blogueiro e profesor de Sistemas de Información na IE Business School, Enrique Dans, na mesa redonda Hacia una nueva era digital e do tamén blogueiro e avogado Víctor Alberto Salgado e na mesa redonda Ciberdelincuencia.
O evento terá lugar no Salón de Actos e Patio de Columnas do ICAB e a súa inscrición xa está aberta.

Lawrence Lessig será a estrela do evento

PUBLICIDADE