O Concello de Betanzos paraliza por segunda vez a instalación dunha antena de telefonía móbil

luns, 12 de marzo do 2007

O Concello de Betanzos vén de paralizar por segunda vez a instalación dunha antena de telefonía móbil no casco urbano da vila, concretamente na rúa Venezuela. O motivo da decisión é (segundo apunta o goberno local) a falta de licencia da infraestrutura. O Concello, que anunciou que velará nos vindeiros meses para que as obras non se leven a cabo, informou que no intre da paralización das obras, o operador telefónico (que chegara a un acordo co propietario da finca) xa tiña habilitada unha torreta, sendo o único que faltaba para comezar a dar a servizo unha caseta cos equipos técnicos. Os labores de vixilancia na rúa Venezuela vanse completar cos da zona de Piadela, onde o executivo local tamén paralizou hai unhas días as obras de construción doutra antena.

PUBLICIDADE