O Concello da Cultura celebará en abril un foro de debate sobre a Sociedade do Coñecemento en Galicia

mércores, 26 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Co gallo do 25 aniversario do Consello da Cultura Galega se celebrarán 6 foros de debate na súa sede compostelá, comezando por unha análise de Galicia na Sociedade do Coñecemento entre os días 3 e 4 de abril, que contará con relatores coma Guillermo de la Dehesa, Divina Frau e Inma Tubella.
Ramón Villares presentou hoxe este primeiro foro, coordenado por Domingo Docampo, que «atenderá a tres piares básicos: a tecnoloxía, a sociedade e a economía».
Os foros do Consello son de asistencia libre e aberta, aínda que será preciso inscribirse para asistir. O programa do primeiro foro xa se pode consultar na Rede, e se desenvolverá comezando pola dimensión sociolóxica o primeiro día, continuando polo plano económico (coa referencia Galicia e a Globalización) e tecnolóxico (baixo o título Galicia e as Tecnoloxías da Información).
Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, lembrou que os 6 foros de debate concluirán coa exposición 25 anos de Cultura Galega, comisariada por Víctor Freixanes, Henrique Monteagudo e Iago Seara, que se abrirá en Vigo e proporá un achegamento á realidade cultural galega e a súa proxección de futuro.

PUBLICIDADE