O CITIC acolle o encontro StringMasters A Coruña 2016

luns, 18 de xaneiro do 2016 Redacción

Do luns 18 ao xoves 21 de xaneiro, a sede do CITIC acolle o encontro StringMasters A Coruña 2016 que ten como principal obxectivo o reunir a investigadores de string algorithms (desde estudantes de posgrao ata investigadores experimentados) para analizar retos actuais de interese teórico e práctico. O principal valor engadido destas xornadas é a auto-organización da que se dispón, xa que os participantes son libres de entrar e saír dos diferentes talleres.
Organizado polo Laboratorio de Bases de Datos da Universidade dá Coruña, daranse cita máis de 20 expertos na materia. A primeira edición deste encontro tivo lugar na Universidade de McMaster (Canadá) en 2007, e esta é a primeira vez que se celebra na cidade da Coruña.
O programa caracterízase por albergar reunións de traballo integramente dedicadas a novas vías de investigación que poidan xurdir da interacción dos participantes. Unha das intervencións estrelas será a defensa do doutoramento de Alberto Ordoñez na mañá do martes 19.

PUBLICIDADE