O CESGA acolle mañá un encontro de usuarios de VMware

martes, 7 de maio do 2013 Marcus Fernández

Mañá celebrarase no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) en Santiago de Compostela unha xuntanza do Grupo de Usuarios de VMware en Galicia na que participará máis de trinta responsables de sistemas informáticos dalgunhas das principais empresas na nosa comunidade autónoma.
Nesta xuntanzas especialistas informáticos que utilizan métodos e sistema de virtualización para a mellora dos seus procesos comparten experiencias e infórmanse sobre o estado destas técnicas. Entre outros, presentarán os seus novos desenvolvementos, ferramentas e experiencia en virtualización TinTrí, VMware e o propio CESGA.
O Grupo de Usuarios de VMware (VMUG) en Galicia está dirixido por Daniel Prado de STD Multiopción e Javier Larrea de Gadisa, profesionais cunha ampla traxectoria no sector tecnolóxico. Esta entidade organiza eventos e xuntanzas varias veces ao ano, nas que as persoas interesadas nas tecnoloxías de virtualización reciben información técnica de primeira man sobre as últimas tendencias do seu sector e acceden a especialistas das empresas máis avanzadas dentro do mundo VMware. Este tipo de encontros son de balde e contan coa colaboración de organismos como o CESGA ou o CNTG, que ceden os seus medios e instalacións para acoller estes eventos.
O encontro de mañá está previsto que atenda ao seguinte programa:
- 9:15 – Introdución
- 9:30 – Horizon Suite – Alejandro Solana, VMware SE Manager
- 10:30 – Tintrí storage solutions – Jorge Martínez e Gavin Leyfield
- 11:15 – Pausa e café
- 11:45 – Tintrí demo
- 12:30 – Proxecto de escritorios virtuais nas escolas rurais – Ignacio López, director técnico do CESGA
- 13:30 – Visita ao datacenter do CESGA
- 14:00 – Cocktail

PUBLICIDADE