O CES reduce un día a súa duración

luns, 3 de xaneiro do 2022 Marcus Fernández

Pese á avalancha de cancelacións para o CES e o anuncio de que a meirande parte das grandes compañías tecnolóxicas non realizarán actividades presenciais na feita tecnolóxica de Las Vegas, trasladando as súas actividades á Internet, levou a que finalmente a Consumer Technology Association decidise reducir a duración do evento nun día, de xeito que o evento presencial celebrarse entre os días 5 e 7.
O CES contará con 2.200 expositores que, aínda que non terán grande actividade, terán presenza baixo fortes medidas de seguridade, destacando por ser un dos poucos eventos nos EE.UU. no que esixirán para acudir certificados de vacinación (e incluso recomendan aos asistentes que se vacinen contra a gripe). O evento esixe o uso de máscaras en interiores, ofrece servizos de test da COVID-19 (recomendando a súa realización antes de viaxar a Las Vegas para cumprir coas esixencias das autoridades sanitarias), melloraron os sistemas de ventilación dos recintos, estableceron numerosos protocolos de hixiene, instalaron numerosas estacións para desinfectar as mans e tamén configuraron as instalacións para favorecer a posibilidade de manter a distancia social.

PUBLICIDADE