O CDTIC acollerá o II encontro sobre a solución de almacenamento masivo de datos Ceph
domingo, 7 de abril do 2019
A AMTEGA organiza o vindeiro dÃa 10 de abril o segundo
encontro sobe Ceph tralo éxito da primeira xornada celebrada o pasado ano, na
que asistentes e poñentes amosaron a súa satisfacción e interese en repetir. A
xornada leva por tÃtulo II encontro sobre Ceph, unha solución
aberta para a xestión masiva de datos no teu CPD e celebrarase nas
instalacións do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela de 9:15 a 14:30
horas.
Ao longo da xornada presentarase a plataforma de código
aberto Ceph, un sistema de almacenamento programable, distribuÃdo e altamente
escalable, que ofrece ás empresas unha alternativa ás solucións de
almacenamento privativas e baseadas en hardware.
No programa da actividade inclúense os diferentes perfÃs e
roles do seu ecosistema, co obxectivo de permitirlle ao público asistente
aproximarse á plataforma Ceph desde diferentes ángulos e perspectivas coa
intención non só de dala a coñecer a nivel teórico, senón tamén de achegar as
necesidades para adoptala de forma práctica na organización.
A xornada conta coa inestimable colaboración das empresas Red Hat, SUPERMICRO,
Colabora Ingenieros, Mellanox Technologies, Dinahosting, Aitire e Igalia.
Esta actividade está dirixida a analistas, arquitectos TIC,
administradores de sistemas/almacenamento, CIO e, en xeral, ao sector TIC con
necesidades de deseño, aprovisionamento software/hardware, implementación,
despregamento e desenvolvemento de servizos de almacenamento distribuÃdo e
escalable.
A asistencia é de balde e aÃnda é posible anotarse para
asistir, xa que as prazas, polo
momento, non están cubertas.