O CCG habilita un paquete de ferramentas en liña para a normalización lingüística

martes, 6 de marzo do 2007

O Consello da Cultura Galega considera que a Rede e as novas tecnoloxías son un dos mellores recursos que temos ó noso alcance para traballar a prol do espallamento do galego e do seu emprego correcto, coa vantaxe engadida de que adquirir coñecemento na Rede mesma significa normalizala a ela tamén. O caso é que da man do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do CCG, vense de publicar en liña un kit para afacérmonos a un emprego axeitado da fala e contribuír á súa posta en valor, ofrecendo documentación e recursos imprescindibles para calquera tipo de tarefa nos eidos da normalización. O kit, que xa foi presentado hai catro meses, pode descargarse na web do CCG.

PUBLICIDADE