O Blu-ray poderÃa comezar a contar con pelÃculas pornográficas no seu catálogo
xoves, 10 de maio do 2007
A guerra de
formatos entre os disco Blu-ray e HD DVD vén de abrir unha nova fronte de
batalla, xa que o grupo LFP está a preparar a distribución no formato de Sony
da pelÃcula pornográfica Jenna Haze Oil Orgy, que serÃa a primeira deste tipo en saÃr para
Blu-ray, o que suporÃa a reconsideración da compañÃa nipona no
tocante a fabricación deste tipo de produtos (por motivos morais).
Parece asà que Sony aceptará a pornografÃa en Blu-ray para evitar repetir erros
do pasado (algo aÃnda non confirmado oficialmente) pois a pelÃcula protagonizada
por Jenna Haze (xunto con outras 8 actrices porno) fará historia ó
comercializarse nun curioso formato combinado, xa que se venderá nun paquete
no que se incluirá o disco Blu-ray, unha copia en DVD estándar e tamén outra en
DVD con compresión WMV, de xeito que se pode achegar de distintos xeitos o
mesmo contido, tanto en definición estándar como en alta definición.
A distribuidora tamén quere repetir a mesma fórmula co formato HD DVD, e para
dar a coñecer as bondades da alta definición no lecer adulto non se cortan á
hora de publicar na Rede o trailer da pelÃcula
en distintos formatos e resolucións, co que pretenden que os consumidores
vexan a diferenza de calidade con respecto ós formatos actuais.