O 90% do barrio de Chueca xa conta con cobertura Wi-Fi
xoves, 13 de setembro do 2007
- O director da revista Zero e o responsable de marketing de FON España proban a conexión Wi-Fi na Praza de Chueca
O pasado 30 de xuño a
revista Zero e FON promoveron a creación dunha rede Wi-Fi no barrio madrileño
de Chueca e agora sabemos que a rede chuecaWiFi conta xa con 200 puntos
de acceso dando cobertura ó 90% do barrio.
Alberto Méndez, director de marketing
de FON España considera que esta iniciativa conseguiu triunfar grazas «á participación activa dos veciños e
comerciantes do barrio, que permitiu un crecemento viral e acelerado do
movemento nun tempo record» e agardan
«rematar o ano con máis de 300 puntos de
acceso e espallar a conexión á
Internet máis alá do perÃmetro urbano do barrio de Chueca».
Esta revolución permite que os veciños e visitantes no barrio madrileño poidan
celebrar xuntanzas profesionais nas cafetarÃas ou mesmo en prazas, xa que saben
que contarán con conexións á Rede, e asà se crean novo xeitos de vivir e
traballar no barrio, o que ten especial interese nun momento no que as redes
Wi-Fi parecen vivir unha crise que ameaza a súa supervivencia a longo prazo
debido á emerxencia de novas tecnoloxÃa de comunicación.