O 8 de agosto comezará a segunda tempada do xogo de Batman de Telltale

mércores, 19 de xullo do 2017 Marcus Fernández

O estudio de videoxogos Telltale Games sorprendeu hoxe co anuncio de tres novas tempadas para os seus xogos, causando bastante expectación, xa que por unha banda confirmaron que a vindeira entre da saga de The Walking Dead sería a derradeira (estando protagonizada por Clementine, a heroína da historia), á vez que tamén deron conta das segundas tempadas das súas series de Batman e Fábulas (contando nesta última unha historia fresca dos protagonistas da primeira tempada, Lobo Feroz e Branca Neves).
No xogo do que si deron máis detalles foi de Batman: The Enemy Within – The Telltale Series, que botará a andar o vindeiro 8 de agosto para Xbox One, PS4, PC e Mac (e máis adiante tamén para dispositivos móbiles) cun episodio titulado The Enigma, no que Riddler volve a aterrorizar a cidade de Gotham, tendo que resolver os seus quebracabezas Batman. Tamén fará acto de presenza un Joker aínda emerxente, que enriquecerá esta historia na que volveremos a ter que tomar decisións como Batman e como Bruce Wayne.

Joker non faltará na nova aventura de Batman

Vídeo de adianto da nova aventura de Batman desenvolvida por Telltale Games

PUBLICIDADE