Novos xogos chegan ás rebaixas de verán da PlayStation Store

mércores, 10 de agosto do 2016 Marcus Fernández

As rebaixas de verán na PlayStation Store chegan ao seu ecuador, e nesta serie de ofertas con descontos de até o 60% (que chegan a ser maiores nalgúns casos moi puntuais) incorpóranse agora varios xogos novos que manterán o prezo actual até o 24 de agosto, e que inclúen títulos tan importantes como Uncharted 4, que pode adquirirse por 39,99 euros na súa edición normal, o que supón un desconto do 33%, o que é unha grande oportunidade para facerse co que para moitos é o xogo do ano e o título máis importante para PlayStation 4 dende o lanzamento da consola.
Outros xogos con importantes descontos serían Battlefield 4 (que por 4,99 euros tería un desconto do 75%), Tom’s Clancy The Division (que a 39,99 euros contaría cunha rebaixa do 42%), Trackmanía Turbo (que por 24,99 euros suporía un aforro do 37%), Unbrella Corps (co 33% de desconto), Resident Evil 5 (con 20% de desconto) e o propio DOOM (que por 34,99 euros gozaría dun desconto do 48%).

A oferta de xogos rebaixados na PlayStation Store durante o verán é bastante ampla

PUBLICIDADE