Novos recursos na blogosfera sobre a destrución do Courel

luns, 8 de outubro do 2007 Fernando Sarasketa

Que che falen da destrución do Courel non é igual a que cha poñan diante dos ollos. Con esta fermosa paraxe galega, agora en serio perigo de agrisallamento por mor dos intereses económicos sen orde, pode acontecer o mesmo ca con outras historias previas de rapiña acontecidas no recóndito: se cadra é unha imaxe específica a que acaba por axudala.
Niso e noutras cousas máis consiste o blog da plataforma SOS Courel do que dá conta estes días a comunidade de Chuza! e que consiste basicamente en tentar chegar coas imaxes acompañadas de titulares coma berros alí onde pode que non abonden as palabras, co fin de informar sobre o que está acontecer no sueste da provincia de Lugo.
O espazo inclúe fotos sobre a destrución que achegan as explotacións mineiras e, sobre todo, unha ristra de diapositivas de imaxes de alta calidade que non deixan lugar a dúbidas sobre o devandito.

PUBLICIDADE