Novo xogo de loita de Son Goku con gráficos 3D

martes, 30 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Nun momento no que a serie televisiva de As Bolas Máxicas ameaza con volver no Xapón, a súa presenza no mundo dos videoxogos non cesa, e continúa a contar con distintas entregas de varias sagas, entre as que predominan os xogos de loita con aparencia de debuxos animados grazas a técnicas de cel shading, e que poderían renovarse en breve, pois vén de anunciarse Dragon Ball Zenkai Battle Royale, un título para a máquina recreativa System 357 (placa na que funciona Tekken 6, e que case garante a súa conversión posterior a PlayStation 3 e Xbox 360) que opta por uns gráficos de aparencia tridimensional e a posibilidade de xogar en rede con 4 máquinas interconectadas fisicamente (ou tamén a través da Internet), polo que parece que por fin estamos ante unha aposta pola innovación nunha franquía que leva anos agonizando.


Trailer do xogo

A loitas en grupo poderían ser a chave do éxito de Dragon Ball Zenkai Battle Royale

PUBLICIDADE