Artigos desta sección
A Finca Mouriscade estrea nova web
A Deputación de Pontevedra vén de presentar o novo sitio web da Finca Mouriscade, totalmente redeseñado para ofrecer unha imaxe “máis utilizábel, accesíbel, áxil e doada de consultar”. O sitio web ten formato responsive, adaptado ás pantallas de todos os dispositivos, co obxectivo de aumentar a transparencia da información pública relativa a Mouriscade. A (...)
Ler máisCLUSAGA lidera un proxecto para modernizar e dixitalizar a industria láctea
A Xunta e o Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) presentaron este 15 de febreiro os detalles da candidatura galega ao PERTE Agroalimentario: un proxecto liderado polo clúster e enfocado a modernizar e dixitalizar a industria láctea. Trátase do proxecto tractor SmarTZ4milk, que conta coa participación de 19 empresas, centros tecnolóxicos e de coñecemento (...)
Ler máisO CPXG crea un rexistro de medios dixitais galegos
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de poñer en marcha un Rexistro de Medios Dixitais Galegos, NRede, para recoñecer os medios de comunicación con criterios xornalísticos que existen no eido dixital. Ante a crecente aparición de espazos na Internet susceptibles de seren considerados medios de comunicación, NRede vai ofrecer á cidadanía a (...)
Ler máisO Goberno despregará conexión de alta velocidade a 1.360 fogares e empresas da Pastoriza
O Goberno central fixo balance dos seus plans para equipar con Internet de alta capacidade zonas brancas do rural lucense. Fíxoo a través da subdelegada Isabel Rodríguez, quen estivo este mércores 15 de febreiro na Pastoriza para detallar os recursos dirixidos a dotar de banda larga a este concello de Lugo. Segundo dixo, o Executivo achega para a provincia (...)
Ler máisGalicia, pioneira en aplicación de tecnoloxías para mellorar a recollida de residuos
Galicia púxose á cabeza das comunidades en materia de tecnoloxías aplicadas á recollida e selección de refugallos. Fíxoo cun proxecto innovador que optimiza o uso dos contedores amarelo (envases de plástico, latas e briks) e azuis (papel e cartón). O proxecto piloto arrincou este 15 de febreiro en Ribeira, presentado pola conselleira de Medio Ambiente, Ángeles (...)
Ler máisO Land Rober entrará no metaverso
Esta semana o Land Rober Tunai Show da TVG celebra o seu programa número 300, e dentro desta celebración apostan pola innovación e abrirán unha porta ao metaverso a través dun código QR que aparecerá en pantalla e que permitirá aos espectadores introducirse nun mundo virtual que se fusiona co real e que permitirá interactuar coas versións virtuais de Roberto (...)
Ler máisIncrementan artificialmente a visibilidade de Elon Musk en Twitter
Durante a Super Bowl Elon Musk publicou un chío animando ao equipo que finalmente perdeu o encontro (facendo o ridículo logo borrándoo e publicando outro chío animando ao equipo gañador) conseguindo acumular 9,1 millóns de visualizacións da súa publicación, o que aseguran que ofendeu ao propietario de Twitter xa que no mesmo momento un chío do presidente Joe (...)
Ler máisOs desafíos da industria dron centraron un encontro galego no que participaron máis de 150 profesionais
Este 14 de febreiro clausurouse a quinta edición do Congreso Internacional Aeronáutico e Aeroespacial, promovido pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Consorcio Aeronáutico Gallego (CAG). No seu transcurso avanzáronse os tres primeiros informes do Observatorio da Industria Aeroespacial de Galicia, que sitúan como principais retos a afrontar polo noso (...)
Ler máisA Deputación da Coruña e Next Education formaran especialistas en territorios rurais intelixentes
A Deputación da Coruña achegou esta semana máis detalles sobre os seus proxectos para contribuír á dixitalización e transformación tecnolóxicas das empresas. Fíxoo en Ponteceso (onde a institución impulsou unha Oficina Acelera PEME), da man do presidente provincial Valentín González Fermoso, acompañado polo xornalista Manuel Campo Vidal. Xuntos presentaron este (...)
Ler máisGAIN celebra o 24 de febreiro na Fundación Barrié a nova edición do Foro Ignicia
O vindeiro venres 24 de febreiro, na sede da Fundación Barrié da Coruña, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) celebrará o Foro Ignicia 2023, baixo o lema Impulsando a transferencia de coñecemento en Galicia. Coa participación de relatores nacionais e internacionais, amosarase o carácter pioneiro da nosa Comunidade impulsando o fluxo de innovación dende os (...)
Ler máis0 | ... | 9600 | 9610 | 9620 | 9630 | 9640 | 9650 | 9660 | 9670 | 9680 | ... | 48940
