Artigos desta sección
O emprego da Rede nos maiores de 65 é practicamente nulo, segundo un estudo
Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), o número de internautas en España ascende a día de hoxe a vinte millóns, e, asemade, a cantidade de conexións de banda ampla multiplicouse por catro nos últimos catro anos. Porén, malia estas cifras que poderíamos cualificar de esperanzadoras, aínda queda un corenta por cento da poboación que non empregou (...)
Ler máisSamsung abre unha tenda virtual de música para os seus móbiles
Samsung, grazas a un acordo de colaboración con MusicNet, estrea unha tenda virtual de música para os seus móbiles K3, K5 e T9 en Reino Unido Francia e Alemaña. O novo servizo estará integrado no Samsung Media Studio (un reprodutor multimedia propietario) e permitirá o acceso ós temas da súa tenda adquiríndoos independentemente, en álbums ou mediante unha tarifa (...)
Ler máisMicrosoft estende a garantía das Xbox 360 a 3 anos
Así se ven os temidos 3 LED da morte Os posuidores de consolas Xbox 360 están a temer polo fin da garantía das súas consolas, xa que na Internet alertan de moitos casos de avarías graves nas consolas, que se alertan ó usuario co acendido de 3 luces que xa chaman “os 3 LED da morte”. Ante a alarma suscitada, Microsoft decidiu reaccionar estendendo a garantía (...)
Ler máisDesminten que O2 pechase un acordo de distribución do iPhone no Reino Unido
A filial británica de Telefónica no sector da telefonía móbil, O2, desmentiu que pechara un acordo con Apple para a distribución exclusiva do iPhone no Reino Unido como publicara boa parte da prensa británica e mundial, e a propia compañía rexeitou facer comentarios sobre o posible acordo de comercialización. Tampouco está confirmado que T-Mobile (filial de (...)
Ler máisAntena 3 emite pola Rede as súas canles dixitais
Antena 3 continúa a súa aposta pola difusión de vídeo a través da Internet e agora presenta a plataforma Tele por la red que emitirá unha primeira fase as canles de TDT Antena.Neox e Antena.Nova, ofrecendo tamén Antena 3 Noticias 24 e Antena 3 Internacional (esta última canle, de pago). Esta nova iniciativa dan canle de televisión resulta especialmente (...)
Ler máisA galega Vandal.net supera o millón de usuarios únicos
A páxina Vandal.net do noso compañeiro Pablo Grandío segue na súa liña de afianzamento como un dos sitios web referenciais no eido do videoxogos, tanto no ámbito galego e español como no internacional. As cifras acompañan e subliñan esta liña ascendente: no pasado mes de xuño e por vez primeira, Vandal superou o millón de usuarios únicos, segundo datos achegados (...)
Ler máisBSA recompensará até con un millón de dólares a quen denuncie casos de pirateo informático en EE UU
Segundo a Asociación internacional contra a piratería informática BSA (Business Software Alliance), máis do trinta e seis por cento do software que se emprega no mundo é ilegal, unha cifra que en España ascende ó 46 por cento, e que provoca perdas económicas de máis de 600 millóns de euros anuais. Para loitar contra esta práctica, que segundo BSA“ non só é (...)
Ler máisO Consorcio de Santiago e a USC porán en liña unha boa parte dos documentos históricos máis salientables da cidade
De todas as ferramentas desenvolvidas para conservar e divulgar documentos históricos as novas tecnoloxías da información (TIC) semellan as menos malas ou, polo menos, as que permiten combinar máis axeitadamente a preservación e a difusión. Deste xeito, coa dixitalización de arquivos e a súa consecuencia máis ou menos natural, a posta en Rede, acadaríamos o que (...)
Ler máisOs roubapáxinas son o formato publicitario de máis eficacia na Internet
Un informe elaborado por Trafficking Solutions Hispania (descargable en formato PDF) analiza a eficacia e os usos da publicidade en liña en España, amosando tanto o incremento da publicidade dixital como o éxito que están a ter os roubapáxinas coma formato coa mellor relación click/impresións. Así, o roubapáxinas (que teñen unhas dimensións de 300 x 250 (...)
Ler máisO2 comercializará o iPhone no Reino Unido
A operadora de telefonía móbil británica O2 anunciou o peche dun contrato de exclusividade con Apple para a comercialización do iPhone no Reino Unido, de xeito que os rumores que apuntaban a que Vodafone sería o distribuidor do novo terminal en toda Europa estarían errados, xa que a operadora británica pertence á española Telefónica. Este anuncio coincide (...)
Ler máis0 | ... | 47620 | 47630 | 47640 | 47650 | 47660 | 47670 | 47680 | 47690 | 47700 | ... | 48930
