Artigos desta sección
O operador galego R quere chegar en dous anos ó 60% da poboación galega
R vai sumar 200 millóns de euros ós 495 que xa leva investidos no despregue da súa rede de fibra óptica en Galiza. Con estas cifras, que foron dadas a coñecer estes días polo operador galego nun comunicado de prensa, o operador fíxase o obxectivo de chegar ó 60% da poboación da nosa terra nun prazo de dous anos. Así, ás trinta localidades que xa teñen rede de (...)
Ler máisComunicación e mocidade, a debate na Rede a partir do 15 de xaneiro
A relación da mocidade cos medios de comunicación de masas foi un tema moi recorrido ó longo de todo 2006. Acabado de estrear 2007, o Observatorio dos Medios do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CXPG) quere reabrir o debate e fai un chamamento a toda a cidadanía galega para participar no foro internacional sobre Comunicación e Xuventude que (...)
Ler máisChoiva Azeda pendura na Rede as fotografías do seu concurso sobre feísmo nas Pontes
Feísmo nas Pontes, de Carolina Leal Hoxe en día, Galiza é un filón para os fotógrafos de denuncia. Se non é o Prestige son os lumes do verán, e se non son os lumes son as diferentes e abondosas mostras de feísmo arquitectónico e urbanístico (calquera internauta que albisque dende fóra o que acontece na nosa terra podería pensar que aquí todos somos arquitectos, (...)
Ler máisO colectivo de motomontañismo Os Toxeiros presenta web (aberta e colectiva)
A nova orde de Internet que algúns denominan “a 2.0” (se é que é realmente nova e o que é novo é o noso xeito de ollala), está a chegar a tódolos recunchos onde hai xente farta do Flash e das webs pechadas, dos contidos sen orde e das letras que che obrigan a poñerte a un palmo da pantalla. Este xeito distinto de entender Internet podémolo atopar xa reflectido en (...)
Ler máisYouTube celebra o Aninovo por todo o mundo
O servizo en liña máis popular de 2006, YouTube, decidiu celebrar a chegada de 2007 dun xeito especial, polo que realizou un seguimento das celebracións de Fin de Ano por todo o mundo, ás que sumou saúdos de celebridades e usuarios contando para tal co patrocinio de Warner Music e Chevrolet. Así, por unha parte se puideron seguir concertos por todo o mundo a (...)
Ler máisO xornal máis antigo do mundo deixa de editarse en papel e só se poderá consultar na Rede
Ano novo, vida nova?... Non sempre; o xornal sueco Post Och Inrikes Tidningar, que dende 1645 podía presumir de ser o máis antigo do mundo, deixa de ser editado en papel coincidindo coa entrada do ano, para ir acorde cos novos tempos e facerse visible só a través de Internet. Tal e como viña anunciando a publicación na súa páxina web, dende o 1 de xaneiro de (...)
Ler máisO Concello de Pontevedra convida ós grafistas a participar na creación Fondo Documental do Deseño Galego
Os internautas galegos vinculados ó deseño e á comunicación social teñen moitas opcións estes días de atopar nas súas contas de correo electrónico unha tarxeta virtual que os convide a participar no Fondo Documental do Deseño Galego, unha proposta do Concello de Pontevedra enmarcada no programa Interreg II. Esta iniciativa, se cadra unha das máis salientables (...)
Ler máisCVexplorer.com: novo servizo para ofrecer o noso talento e disposición laboral en Internet
Os mercados de traballo están dende hai tempo en Internet, por se alguén aínda non se decatou. Todo comezou coas ocupacións máis estreitamente cinguidas ás novas tecnoloxías da información e agora nin sequera fican á marxe os sectores da construción ou do transporte. Até certo punto, non deixa de ter certa lóxica que poñamos anuncios de traballo alí onde hai máis (...)
Ler máisO Club Financeiro de Vigo e Ineo organizan xuntanzas para favorecer a cooperación no sector TIC galego
Engraxar a maquinaria dos encontros entre empresas do sector das novas tecnoloxías de Galiza ou vinculadas á nosa terra. Este é o principal obxectivo do proxecto de colaboración que veñen de presentar Ineo e o Foro da Sociedade da Información do Club Financeiro de Vigo (CFV) e que leva por nome Encontra TIC. Máis polo miúdo, a iniciativa (que se está a (...)
Ler máisA galega Blusens presentará na CES de Las Vegas o reprodutor mp3 con tecnoloxía Wi-Fi
A empresa galega Blusens segue (e seguirá) a colleitar éxitos no mercado internacional das novas tecnoloxías da información vinculadas ó lecer, e todo iso dende unha cidade (Santiago) situada –en teoría– lonxe dos despachos onde supostamente se toman as grandes decisións na era da Sociedade do Coñecemento. Referímonos á nova que vén de publicar A Voz onde se (...)
Ler máis0 | ... | 41990 | 42000 | 42010 | 42020 | 42030 | 42040 | 42050 | 42060 | 42070 | ... | 42500