Artigos desta sección
Piden o peche de webs por suposta publicidade enganosa
Por se non fora pouco que certas webs estivesen a pechar de xeito masivo por permitir a descarga de contidos protexidos por dereitos de autor, agora ASGECO, a Asociación General de Consumidores, vén de pedir o peche de dous portais inmobiliarios (Globaliza.com e Idealista.com) por considerar que incurren en prácticas desleais, “derivadas de publicidade (...)
Ler máisA Universidade de Vigo lanza a WebTV do Campus do Mar
O Campus do Mar xestado na Universidade de Vigo segue a sumar apoios con cada unha das actividades que leva a cabo para darse a coñecer entre alumnos e visitantes. As dúas últimas iniciativas: a posta en marcha do concurso Marine Inova 2010, (o primeiro galardón sobre innovación tecnolóxica aplicada ao medio mariño dirixido ao alumnado universitario) e o (...)
Ler máisGALPon abre o prazo de matrícula para participar no seu obradoiro de OpenOffice.org
O Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra, organización máis coñecida na Rede como GALPon, en colaboración coa empresa Tegnix da Universidade de Vigo, vén de anunciar a apertura do prazo de matrícula para o seu Obradoiro de OpenOffice.org avanzado que dará comezo a partir do vindeiro día 18 na ETSE de Telecomunicación de Vigo. Este obradoiro, que ten un aforo (...)
Ler máisFACUA reclama a regulación das tarifas de Internet móbil
FACUA-Consumidores en Acción, unha das organizacións que máis mira polos nosos dereitos como consumidores e que nos últimos tempos (sobre todo dende a chegada de Internet móbil ao mercado) máis se tivo que poñer as pilas para dar conta dos “abusos” que tentan levar a cabo certas operadoras de telefonía no noso país, vén de reclamarlle ao Goberno que declare o (...)
Ler máisNovo número da nosa edición impresa
Coma todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF. Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á Noite da Enxeñaría Informática de Galicia que terá lugar o 15 de outubro, á extensión da banda larga no rural (...)
Ler máisA viguesa InfoJC celebra 30 anos de actividade TIC cunha nova web
A empresa galega InfoJC vén de estrear páxina web. A firma, que forma parte da asociación Ineo, quixo celebrar o seu 30º aniversario cunha nova faciana en Internet, unha páxina que serve en boa medida de estratexia de continuidade (o novo sitio recolle a traxectoria da empresa galego no sector TIC) e tamén de xanela ao futuro (informa polo miúdo das novidades (...)
Ler máisXa se pode visitar en liña o Jardim Botânico de Porto
Unha das principais funcións das redes do coñecemento é sen lugar a dúbidas a de axudarnos a coñecer mundo sen necesidade de movérmonos do asento. Dende o punto de vista oposto, tamén contribúen a poñer o noso mundo ao alcance de todos aqueles que non teñen posibilidade, neste intre, de achegárense. Isto é o que veñen de facer os responsables do Jardim Botânico do (...)
Ler máisA nosa lingua liderou este mércores a listaxe temática de Twitter
A iniciativa da que falamos onte en Código Cero para facer visible o galego no Twitter, e así prestixialo ao máximo na Rede, saldouse finalmente cun éxito. Así nolo contan dende o obradoiro Galegolab os responsables da acción colectiva (que mobilizou a unha chea de usuarias/os de Twitter do noso país) e así o reflicten medios como Galicia Hoxe ou Xornal.com, (...)
Ler máisHP España prevé rematar o ano con resultados moi positivos malia á crise
A compañía tecnolóxica HP, que planea o lanzamento dun novo sistema operativo para móbiles a comezos do vindeiro ano, é unha das poucas firmas que, malia á crise, logrou coller o toro polos cornos e xa mira con optimismo o seu futuro máis próximo. Xa que logo, a compañía prevé incrementar nun 50 por cento as contratacións na área dos servizos TIC en España durante (...)
Ler máisA USC colabora activamente co novo centro europeo de investigación en física nuclear
O profesor da USC, José Benlliure, do Departamento de Física de Partículas da entidade académica, vai a ser o encargado de coordinar o equipo de científicos españois escollidos para participar activamente no novo centro europeo de investigación en física nuclear (FAIR), que se emprazará na cidade alemá de Darmstadt. Este centro xorde para dar resposta, segundo (...)
Ler máis0 | ... | 38630 | 38640 | 38650 | 38660 | 38670 | 38680 | 38690 | 38700 | 38710 | ... | 48930
