Artigos desta sección
O CCG inaugura o ciclo virtual dos seus encontros sobre o noso patrimonio
O Consello da Cultura Galega segue esta semana co seu incansábel labor de investigación e divulgación plenamente adaptado ás contornas dixitais: unha adaptación que viña de antigo, pero que coa chegada da crise sanitaria subiu novos chanzos. Este martes 21 o CCG púxonos ao tanto da dispoñibilidade online do material xerado nos seus Encontros Monográficos co (...)
Ler máisA Fundación Telefónica doa 150 tabletas ás residencias galegas
A Fundación Telefónica deu hoxe un novo e importante paso en materia de solidariedade anti-COVID, en colaboración coa Fundación La Caixa e co punto de mira nun obxectivo ben concreto: minimizar con equipamentos a fenda dixital provocada pola necesidade de facer realidade a comunicación dixital e avanzada en todos os fogares e residencias. O reto será (...)
Ler máisToxo Telecom combate o confinamento co lanzamento do seu servizo de TV
Dende este 18 de abril e coincidindo significativamente coa situación de confinamento derivada da pandemia (e coa necesidade de levar aos fogares a máxima cantidade de ofertas de lecer para sobrelevar a reclusión da mellor maneira posíbel) xa está dispoñíbel a televisión da operadora ribeirense Toxo Telecom, a ToxoTV, que ofrecerá un amplo abano de contidos (...)
Ler máisWhatsApp incrementa o número de participantes nunha videochamada en grupo
Dende WABetaInfo dan conta de que nas últimas horas comezou a espallarse globalmente unha nova prestación de WhatsApp que chega inicialmente aos usuarios da versión beta da aplicación tanto en iOS como en Android e que facilita a realización de videochamadas grupais con até 8 participantes, superando así o máximo de 4 participantes que había até (...)
Ler máisO Museo de Pontevedra convídanos a recrear cadros famosos dende o confinamento
O Museo de Pontevedra é estes días un fervedoiro de propostas de divulgación e lecer directamente encamiñadas a suavizarnos o confinamento e facérnolo, dentro do posíbel, máis enriquecedor. Onte sorprendeunos coa iniciativa #MírateNoEspello, coa que se suma a unha proposta global que reta á xente, dende os seus fogares, a recrear todo tipo de cadros famosos. (...)
Ler máisRibeira achegará un programa de formación online gratuíta cunha manchea de cursos TIC
A sesión deste luns 20 de abril da Comisión Municipal de Seguimento da Evolución do COVID-19 do Concello de Ribeira serviu para presentar unha innovadora iniciativa (no contido e tamén na forma) de capacitación para incrementar a empregabilidade e a formación da veciñanza nestes tempos de crise sanitaria e confinamento. Trátase do programa online (...)
Ler máisA Pobra do Caramiñal e os centros educativos locais plantan cara á fenda dixital docente
A Concellaría de Educación da Pobra está a xuntar forzas cos centros locais de ensino para paliar as carencias docentes derivadas do Estado de Alarma e, o que pode resultar aínda máis grave, as fendas sociais, tecnolóxicas e formativas que se abren durante a pandemia entre as familias que teñen os recursos, o coñecemento e as condicións de conectividade (...)
Ler máisO Museo de Historia Natural da USC pon na rede a súa mostra sobre as novas epidemias
Co fin de achegarnos un punto divulgación nos nosos fogares e facelo cun extra de actualidade científica, o Museo de Historia Natural da USC permite o acceso en liña á mostra Epidemias nun mundo conectado, unha exposición que explica como os factores humanos, animais e ambientais contribúen á expansión dos andazos mundiais na nova orde mundial gobalizada. (...)
Ler máisA USC permite a defensa virtual de teses de doutoramento
Se ben as nosas universidades xa levaban anos envorcando esforzos nas tecnoloxías da información, está claro que a situación de urxencia derivada da pandemia de COVID-19 acelerou o proceso até máis alá do imaxinábel, o que se traduce en parte na adaptación ás redes de todo tipo de procesos e actividades. Este luns 20 de abril a Universidade de Santiago presentou (...)
Ler máisMovistar ofrece datos ilimitados no móbil a máis de 3 millóns de clientes
Hai algo máis dun ano Vodafone revolucionou o mercado da telefonía móbil con tarifas de voz e datos sen límites, e finalmente Movistar reacciona a tal oferta e anuncia a chegada dos datos ilimitados a máis de tres millóns de clientes sen custo adicional. Esta medida busca responder á alta demanda de datos no móbil durante as semanas de confinamento, de xeito (...)
Ler máis0 | ... | 16300 | 16310 | 16320 | 16330 | 16340 | 16350 | 16360 | 16370 | 16380 | ... | 48940
