Artigos desta sección
O CDTIC de Galicia abre o mes de maio con catro novas actividades TIC en streaming
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) prosegue durante o confinamento e o Estado de Alarma coa súa actividade de sesións formativas en streaming. E faino, esta recta inicial de maio, con catro novas xornadas. Organizadas en colaboración con diversos axentes tecnolóxicos e entidades, como por exemplo a (...)
Ler máisYoutubeir@s publica as bases da edición de 2020
A nova edición do certame Youtubeir@s segue o seu camiño, poñendo o foco no seu obxectivo principal, un obxectivo viábel malia o confinamento: encher as redes de vídeos en galego. Estes días publicáronse as bases da nova convocatoria, que están accesíbeis na web do concurso e que implica, ademais, que a ampla comunidade (unha comunidade reforzada en tempos de (...)
Ler máisO IET e AMTEGA lanzan unha ferramenta para calcularmos até onde podemos chegar cos nosos percorridos na desescalada
O Goberno galego vén de activar unha ferramenta tecnolóxica que facilita os desprazamentos nestes intres de desescalada do Estado de Alarma pautada polo Goberno ao indicarnos onde está o límite do itinerario a percorrer. O sistema inclúe un visor do que podemos botar man a través da páxina web do Instituto de Estudos do Territorio (IET). A ferramenta, (...)
Ler máisA Deputación de Lugo activa unha app que nos permite saber até onde podemos chegar nos nosos desprazamentos
A Deputación de Lugo activou a aplicación móbil Mide a túa saída para facilitar as dúbidas da cidadanía en materia de desprazamentos durante a actual fase de desescalada. A ferramenta, en palabras da entidade provincial “moi doada de usar”, permite ás veciñas e veciños pescudar cal é o límite exacto até o que poden chegar dende os seus domicilios ao tempo que (...)
Ler máisTikTok supera os 2.000 millóns de descargas
Nas últimas semanas non paramos de falar do éxito dos servizos que permiten videoconferencias en grupo, pero hai servizos máis tradicionais que tamén experimentaron un importante crecemento, e dende SensorTower aseguran que TikTok superou a barreira dos 2.000 millóns de descargas globais entre a App Store e a tenda de Google Play, facéndose coa honra de ter (...)
Ler máisAppentra pecha unha rolda de 1.8 millóns para o seu revolucionario software Parallelware Analyzer
A empresa galega Appentra, con sede no edificio do CITIC da Coruña, vén de pechar unha rolda de financiamento de 1,8 millón de euros, co-dirixida por Armilar Venture Partners e K Fund para o seu software Parallelware Analyzer. Na rolda tamén participaron Caixa Capital Risc, Xesgalicia e (...)
Ler máisO Concello de Ribeira brinda unha masiva oferta formativa anti-COVID: 88 cursos de balde e online
Debido á actual situación na que nos vemos envoltos, utilizar este tempo no noso fogar para potenciar as nosas habilidades, crear un mellor perfil profesional e académico e xerar maiores probabilidades de contratación en futuros empregos tras o confinamento, é unha das mellores formas de combater a situación económica actual. Por iso, o Concello de Ribeira a (...)
Ler máisGoogle Duplex dá os seus primeiros pasos en España
Dende VentureBeat aseguran que o servizo Google Duplex, que permite a realización de reservas automatizadas a través dun asistente de voz moi realista (o que permite pedir cita en establecementos comerciais que non contan con tal servizo a través da Internet, xa que o propio asistente tramita a reserva mediante unha chamada de voz), está xa en funcionamento (...)
Ler máisO Concello de Santiago axudará ás empresas a dixitalizarse para superar a crise sanitaria
O Concello de Santiago anunciou hoxe, a través do seu alcalde Xosé Sánchez Bugallo, un importante investimento para reactivar o pequeno comercio de Compostela, moi afectado pola actual crise sanitaria e as medidas de restricións á actividade presencial que puxo en xogo o Estado de Alarma. Trátase de axudas para o pago de xuros en operacións de crédito, para a (...)
Ler máisO Maio Vintage 2020 convértese este 2 de maio nun evento online
Se ben o formato tradicional do mercado creativo boirense Maio Vintage terá que agardar a tempos máis tranquilos, o formato virtual leva semanas collendo forma, lembrándonos a importancia de seguir apostando polo consumo e a cultura de proximidade mesmo cando todo semella poñerse en contra desta aposta. Esta resistencia do Maio Vintage fronte á adversidade (...)
Ler máis0 | ... | 16210 | 16220 | 16230 | 16240 | 16250 | 16260 | 16270 | 16280 | 16290 | ... | 48930
