Artigos desta sección
A conferencia para desenvolvedores de Microsoft celébrase en liña
A pandemia levou a Microsoft a cancelar a edición física da Build 2020, conferencia para desenvolvedores que transformouse nun evento en liña que pode seguirse en aberto para todo o mundo durante 48 horas, facilitando así que os desenvolvedores poidan coñecer as últimas novidades de Microsoft, participar en numerosas sesións técnicas e poder participar de (...)
Ler máisO Goberno galego presenta aos concellos a app para crear areais seguros e anti-COVID
Seguen a chegar detalles sobre a aplicación móbil que poderán usar os concellos da nosa terra para optimizar a xestión das praias ante a afluencia de xente nesta primavera e neste verán. O Goberno galego vén de informar que este mércores 20 de maio presentaralle á FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) a devandita app, co fin de poñela a (...)
Ler máisSantiago bate records en learning mobile con 4.000 novas prazas de formación
Haberá un antes e un despois en materia de formación online logo da crise sanitaria. O Concello de Santiago vén dar un paso de xigante neste eido da docencia tecnolóxica anti-COVID, e faino con 4.000 novas prazas de formación, a maioría delas baixo a fórmula do mobile learning, constituíndose “unha aposta pioneira pola aprendizaxe a través de dispositivos (...)
Ler máisO ITG participa nun proxecto europeo para transformar a industria alimentaria
O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) participa xunto con 18 clústeres agroalimentarios e organismos de investigación de 14 rexións europeas na rede europea Smart Sensors 4 Agri-food (SS4AF) que ten como obxectivo “impulsar a transformación dixital do sector agroalimentario e facilitar o acceso a solucións TIC aplicábeis á industria”. A rede, liderada por (...)
Ler máisR fornece de conectividade a medio cento de familias en risco de Ribeira
A operadora R segue adiante co seu traballo tecnolóxico-humanitario para favorecer que as tecnoloxías cheguen á meirande cantidade de xente nestes tempos de crise sanitaria en que os recursos dixitais seguen a ser, malia a desescalada, tan necesarios. Un dos puntos concretos onde puxo o foco o labor solidario da compañía foi o concello de Ribeira, onde a (...)
Ler máisVodafone subministra máis de 1.600 cartóns SIM para loitar contra a fenda dixital na nosa terra
A operadora Vodafone vén de achegar un balance das súas actividades recentes na nosa terra en materia de solidariedade e apoio sanitario-tecnolóxico, nun contexto marcado pola crise sanitaria e económica e o incremento da fenda dixital. Segundo fixo saber, subministrou máis de 1.600 cartóns SIM en Galicia para asegurar a conectividade a familias en risco de (...)
Ler máisO Goberno galego achegará aos concellos unha plataforma para racionalizar os accesos ás praias
O Goberno galego vai achegar aos concellos unha plataforma para facilitar a xestión do acceso dos cidadáns aos areais: a plataforma Praias Seguras, unha ferramenta que integrará datos do catálogo aberto de praias do Instituto de Estudo de Territorio e, en base a isto, proporcionará aos usuarios información sobre a capacidade máxima de cada punto que sexa do (...)
Ler máisTSMC deixará de producir procesadores para Huawei
Tras anunciarse que o veto de EE.UU: a Huawei duraría como mínimo un ano máis, impedindo que os novos smartphones da marca chinesa poidan contar cos servizos de Google, chegan informacións que apuntan a que a ofensiva estadounidense estaría indo máis aló, e estaría a forzar ao fabricante de procesadores TSMC a deixar de atender novos pedidos de Huawei. Iso non (...)
Ler máisA UDC organiza un encontro virtual arredor do xigantesco paso adiante do teletraballo
O Consello Social da Universidade da Coruña celebra este xoves 21 de maio ás 16:00 horas unha sesión de debate arredor da liña que vimos de cruzar por mor da pandemia COVID-19: un paso adiante na cuestión do traballo abeirado ás novas ferramentas de comunicación que é moi probábel que non teña volta atrás. O encontro virtual O futuro do traballo: o momento da (...)
Ler máisDigiCraft, o programa de docencia online da Fundación Vodafone, chegou aos 72.000 usuarios
A Fundación Vodafone fixo balance este luns da actividade xerada a través da nova fase do seu programa educativo DigiCratf, a iniciativa da operadora para favorecer a educación dixital entre a poboación máis nova. O programa, que ten unha notábel presenza na nosa terra a través do acordo da fundación coa axencia AMTEGA, desenvolveu esta tempada un papel crucial (...)
Ler máis0 | ... | 16100 | 16110 | 16120 | 16130 | 16140 | 16150 | 16160 | 16170 | 16180 | ... | 48930
