Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

O 96% dos centros públicos galegos dispoñen de aulas virtuais

O Goberno central, a través do Ministerio de Educación e Formación Profesional, vén de publicar unha estatística que reflicte o estado de saúde da dixitalización dos centros públicos da nosa terra en relación ao ámbito estatal. O informe Ensino non universitario. Sociedade da información e a comunicación nos centros educativos. Curso 2018-2019 achega unha serie de (...)

Ler máis

O Festival Virtual do Libro lanza web e prepara unha primeira edición chea de sorpresas

A cultura ábrese camiño na adversidade, argallando novos xeitos de facer promoción, irmandade, comunicación e fronte común arredor dos libros. Se algo nos demostrou a pandemia, foi a nosa importante capacidade para buscar no ámbito virtual xeitos de revivir e, tamén, de resistir. Desta premisa xorde o Festival Virtual do Libro de Galicia, cuxa primeira edición (...)

Ler máis

Os vídeos do programa coruñés En liña recibiron preto de 150.000 visitas en dez semanas

A Concellería de Deportes da Coruña fixo reconto esta semana do xerado a través do programa de audiovisuais online para favorecer o exercicio no confinamento, o programa En liña, que vén de chegar ao remate da súa actividade. A través desta iniciativa, as Escolas Deportivas Municipais subiron 42 vídeos para distintas franxas de idade, que rexistraron un (...)

Ler máis

A serie Vidago Palace estréase en HBO Portugal

Este domingo 31 de maio estrearase en HBO Portugal a serie galego-portuguesa Vidago Palace, un drama romántico de seis capítulos producido pola galega Portocabo e a lusa Hop Filmes. A serie, protagonizada por Micaela Lupu, Pedro Barroso e David Seijo, foi a primeira coprodución dos dous países irmáns feita para a Televisión de Galicia e a (...)

Ler máis

Twitter reduce a visibilidade de chíos violentos de Donald J. Trump

A relación entre o presidente dos EE.UU. e Twitter resulta un tanto paradoxal, pois Donald J. Trump ten unha das contas de usuario de maior impacto global, pero tamén é unha das máis conflitivas, abrindo debates sobre as normas que deben rexer a plataforma e a busca do equilibrio entre o interese público e as condicións do servizo, xa que Trump chegou a (...)

Ler máis

Artai lanza dende Vigo unha plataforma online gratuíta para o diagnóstico de riscos en ciberseguridade

Artai, compañía de seguros con sede principal en Vigo, vén de lanzar unha plataforma online de balde para a avaliación de riscos en materia de seguridade. A ferramenta, que ofrece asesoramentos sen custos e máis a posibilidade de pechar contratacións de seguros contra ameazas tecnolóxicas, está dispoñíbel en ciber-seguro.es e é froito dun acordo entre a compañía (...)

Ler máis

A páxina web de Twitter por fin permite programar chíos

A programación de chíos en Twitter era unha prestación reservada para ferramentas como TweetDeck ou Hootsuite, pero nos últimos meses a versión web desta plataforma introduciu numerosas novidades que fan cada vez menos necesario o uso de solucións externas, de aí que agora na composición de novos chíos teñamos a opción de programalos, podendo elixir o día, a hora (...)

Ler máis

A RAGC e GAIN convocan o Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Comunicar os grandes achados do coñecemento, a investigación e a innovación, e facelo tamén dun xeito innovador e investigador, vai seguir tendo recoñecemento na nosa terra. Así nolo lembra a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta, que convocou unha nova edición do Premio de Xornalismo (...)

Ler máis

O campionato D3Mobile acada récords de participación malia a crise sanitaria

A nova edición do campionato científico internacional de modelado en tres dimensións a través dos dispositivos móbiles, D3Mobile 2020, vén de acadar dous importantes fitos na súa traxectoria, co engadido de extra de logralos no medio da adversidade que supón a pandemia e a crise sanitaria: por unha banda obtivo récord de participantes finalistas e, pola outra, (...)

Ler máis

Novo número da revista O Barbanza

Tras case que tres meses de paralización por mor da situación sanitaria, a edición en papel de O Barbanza, publicación do Grupo Código Cero Comunicación, regresa á rúa cunha tiraxe de 7.000 exemplares distribuídos nos concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo, Dodro, O Son e Noia. O número 10 de O Barbanza pode conseguirse en moitos puntos abertos actualmente (...)

Ler máis

0 | ... | 16030 | 16040 | 16050 | 16060 | 16070 | 16080 | 16090 | 16100 | 16110 | ... | 48930

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade