Novas barras de son de Samsung con tecnoloxía Harman Kardon

martes, 7 de maio do 2019 Marcus Fernández

Este mes Samsung achega ao mercado español as súas novas barras de son da serie Q, os modelos Q60, Q70 e Q90, co certificado de calidade Harman Kardon e cun deseño delgado optimizado para mellorar a experiencia de visualización QLED, ofrecendo unha experiencia de son envolvente á hora de gozar de contidos no fogar.
As barras de son da serie Q contan con tecnoloxía Adaptive Sound que optimizan os contidos reproducidos no televisor analizándoos e realizando os axustes de son ideais para conseguir a mellor experiencia en calquera escena.
A barra de son Q90 conta con tecnoloxía True Dolby Atmos e altofalantes traseiros, e venderase a un prezo de 1.199 euros; mentres que o modelo Q70, tamén con True Dolby Atmos, pero sen os altofalantes traseiros reduce o seu prezo até os 699 euros. O modelo máis económico, cun prezo de 499 euros, sería o Q60, que optarían por tecnoloxía Acustic Beam, polo que estariamos ante un produto máis básico.
Un detalle a salientar é que as barras de son Q70 e Q90 integran asistentes virtuais, sendo compatibles con Bixby e Alexa, o que pode ser un factor importante na decisión de compra dun destes produtos dirixidos a un público esixente co apartado sonoro, que quere gozar de son envolvente durante as sesións de consumo audiovisual.

PUBLICIDADE