Nova web de anuncios clasificados que tira proveito das ferramentas de web social

martes, 26 de xuño do 2007

Os anuncios clasificados xa non se teñen que limitar ás páxinas dos xornais, senón que agora teñen un novo espazo na Internet con Anunciaweb, unha páxina que permite publicar anuncios cun sabor a Web 2.0, pois permite incluír vídeos de YouTube, marcar xeograficamente localizacións con Google Maps e mesmo navegar entre os anuncios valéndose dunha nube de tags.
Os usuarios habituais tamén poderán xestionar os seus anuncios grazas á modalidade ProManager.

PUBLICIDADE