Nova edición do Monday Reading Club en Vigo

venres, 4 de xuño do 2010 Marcus Fernández

O vindeiro luns entre as 19:30 e as 21:00 horas terá lugar na Casa del Libro de Vigo (sita na rúa Veláquez Moreno, 27) unha nova edición do Monday Reading Club, evento de carácter mensual xunta a profesionais do márketing, o comercio electrónico, as tendencias, a Internet… para debater entorno a un libro que nesta ocasión será o Haz clic aquí: Neuro Web Design de Susan M. Winschenk.
A asistencia a este club de lectura é de balde, e o encargado de presentar o libro deste mes será Pablo Iglesias, profesional que anima a participar a xente do sector que incluso non teñan lido o texto, posto que as conversas desenvolvidas ao redor da súa temática son igualmente enriquecedoras para os profesionais deste ámbito. Nesta ocasión falarase especialmente do comportamento dos consumidores ao interactuar con páxinas web e mercar na Rede, pois teñen un comportamento menos racional do que tendemos a pensar, e estes factores habería que aproveitalos no desenvolvemento de proxectos web, o que levará a falar de usabilidade, deseño, e pull marketing.
Os interesados en participar neste encontro poden apuntarse a través de Facebook ou de Amiando.


Vídeo da pasada edición do evento

PUBLICIDADE