Nova edición de e-Destrezas con sete propostas para a comunidade universitaria

xoves, 22 de setembro do 2022 S. P.

O Campus de Vigo (UVigo) vai ofrece sete cursos de balde para facer avanzar á comunidade universitaria en materia de capacidades tecnolóxicas. Organizados dende a Vicerreitoría de Extensión Universitaria para este primeiro cuadrimestre do curso, abéiranse ao programa e-Destrezas, unha iniciativa coa que a UVigo procura o desenvolvemento e mellora das competencias dixitais de alumnado, PDI e PAS.
Trátase das seguintes actividades: Fundamentos de ofimática con Office; Python para principiantes; Iniciación ao desenvolvemento de páxinas web con Wordpress; Fundamentos de deseño gráfico con Ilustrator e Photoshop; Curso básico de deseño BIM con Revit; Fundamentos de análise e tratamento de datos con Excel e Iniciación as bases de datos. Microsoft Access.
Os cursos, que se desenvolven coa colaboración do Consello Social da UVigo e do Santander, celebraranse en formato virtual a través do Campus Remoto, ata sumar 30 horas, o que inclúe seis sesións de catro horas presenciais e seis horas de traballo non presencial. Ao remate de cada actividade entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85% das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas.
A inscrición no programa de formación e-Destrezas, que este curso acada a súa cuarta edición, pode realizarse a través do Campus Activo da UVigo.
Fundamentos de ofimática con Office será o primeiro curso que se impartirá entre o 23 e o 30 de setembro e os días 7, 14, 21 e 28 de novembro e nel o docente Guillermo Rey González achegará ás persoas asistentes os coñecementos necesarios para desenvolverse coas ferramentas ofimáticas Office de Microsoft para afrontar a elaboración de documentos profesionais como os traballos de fin de grao, de mestrado, etc.

PUBLICIDADE