Nokia presenta un mans libres para 2 teléfonos á vez

martes, 4 de maio do 2010 Marcus Fernández

A partir do verán estará dispoñible por uns 140 euros o Nokia Car Kit CK-200, un novo mans libres para o automóbil que destaca especialmente por permitir a vinculación de 2 teléfonos á vez vía Bluetooth, de xeito que podemos cambiar entre os terminais con só premer un botón, á vez que descarga automaticamente as axendas de ambos móbiles, así como amosa as mensaxes de texto recibidas por cadanseu terminal.
Este kit está composto por unha unidade principal que podemos colocar sobre o salpicadeiro do coche e que conta cunha pantalla de 2,5 polgadas na que podemos ver a identificación de chamada e/ou as mensaxes de texto recibidas; completa a xogada un mando a distinta que pode colocarse no volante do coche, para ter accesibles os seus controis a cada momento.
Para dar a coñecer esta intersante solución de mans libre, dende Nokia achegan un divertido vídeo do 4 veces campión do mundo de Rally, Juha Kankkunen:

PUBLICIDADE