No novo Humble Bundle móbil destacan os primeiros xogos de Tomb Raider

luns, 12 de setembro do 2016 Marcus Fernández

Mentres a iniciativa do Humble Bundle goza na súa promoción principal cunha ampla selección de recursos relacionados con GameMaker (que facilita a creación de videoxogos que poden publicarse en numerosas plataformas entre as que non faltan os dispositivos móbiles máis populares) veñen de estrear un interesante lote de xogos para dispositivos móbiles, o Humble Mobile Bundle 20, que durante unha semana ofrecerá varios xogos para Android entre os que destacan especialmente as dúas entregas orixinais de Tomb Raider, xogos lanzados inicialmente para PC e PlayStation en 1996 e 1997. Apartes deste dos xogos, os usuarios que paguen a partires de 1 dólar recibirán tamén o xogo de exploración planetaria Last Horizon e a aventura de acción Cloud Chasers.
Quen pague máis da media (4,19 dólares momento de escribir estas liñas) recibirá Always Sometimes Monsters, Shooting Stars, NO THING e Circa Infinity; mentres que quen pague a partires de 5 dólares terá tamén Space Grunts e Cosmonautica. Estamos ante xogos pouco coñecidos, aínda que de bastante calidade para dispositivos móbiles, aínda que a mera presenza dos primeiros xogos de Lara Croft xa garante a atención sobre este lote de xogos que favorecerá a entidades benéficas como Fronteiras Electrónicas e Child’s Play Charity.

PUBLICIDADE