Nitro, Xplora, La Sexta 3, La Siete, Nueve e AXN cesan as súas emisións na TDT

luns, 5 de maio do 2014 Marcus Fernández

Esta noite, en cumprimento dunha sentenza do Tribunal Supremo, botan o peche 9 canles de ámbito estatal da Televisión Dixital Terrestre (TDT), de xeito que din adeus aos seus espectadores Nitro, Xplora e La Sexta 3 de Atresmedia, La Siete e Nueve de Mediaset, dúas canles de Veo TV (AXN deixa a TDT e limítase ao resto de plataformas de televisión de pagamento, mentres que Marca TV xa cesou as súas emisións hai meses) e dúas de Net TV (que actualmente emitían programas de teletenda).
Este cambio na grella da TDT é consecuencia da adxudicación de licenzas a estas canles por parte do Goberno sen o correspondente concurso público, o que polo momento non suporá a convocatorio dun concurso de licenzas dado que aproveitarse a situación para facilitar a liberación do dividendo dixital para que parte das frecuencias televisivas pasen a ser ocupadas por redes de telefonía móbil 4G, contribuíndo así a unha importante mellora para os servizos de telecomunicación móbiles e ao espallamento da banda larga, seguindo un regulamento que debería de aprobarse antes de rematar o vindeiro mes de xuño.
Espérase que o 1 de xaneiro de 2015 sexa cando sexa definitivo a reasignación do uso das frecuencias que facilitaran inicialmente a transición entre a televisión analóxica e a TDT, e tras ese proceso é posible que se chegue a adxudicar un novo concurso de licenzas de TDT, ao que posiblemente concorrerían numerosos axentes actualmente ausentes no sector, que eran os grandes prexudicados da asignación directa de licenzas aos actuais beneficiarios.

PUBLICIDADE