Nintendogs pasa do videoxogo ó xoguete

martes, 14 de novembro do 2006 Marcus Fernández

Se hai algún imprescindible para os usuarios dunha Nintendo DS poucas persoas discreparían ó afirmar que se trata do Nintendogs, no que os usuarios poden educar e xogar con cadeliños no que sería unha versión moi avanzada e atractiva do que hai anos foron os Tagamotchi.
Agora, a franquicia de Nintendogs vén de dar un paso que pode sorprender a moitos, posto que se trataba dun xeito virtual de xogar con cadelos, e agora se aproxima á realidade con cadelos de xoguete que tamén se poden adestrar coma no xogo, e que contan cun oso magnético que permite guialos á hora de aprender a facer trucos.
Estes xoguetes sería unha das aproximacións ós cadelos de verdade que se terían visto ata o momento no mercado dos xoguetes, e que conta co atractivo da marca creada por Nintendo, o que terá moito peso na promoción deste cadeliños que vende Tomy en Europa.
Xa se poden mercar na tenda británica de Amazon ó prezo de 9,99 libras (14,85 euros) o modelo que aprende trucos e a 24,99 (37,16 euros) o que permite uns xogos interactivos máis avanzados.
¿Estamos ante unha nova xeración de xoguetes que nacen a partires dos videoxogos?

PUBLICIDADE