Nintendo detalla 50 novidades de Super Smash Bros. para Wii U

venres, 24 de outubro do 2014 Marcus Fernández

O xogo Super Smash Bros. para Nintendo 3DS está a ser un grande éxito na consola portátil de Nintendo, e a compañía nipoa confía en que a boa acollida poida replicarse na Wii U, consola para a que o xogo chegará o 5 de decembro, e para deixar claro que estamos ante un título realmente notable publicaron un vídeo no que detallan 50 novidades que presentará este prometedor título.
O xogo para Wii U destacará especialmente por contar cun modo especial que permitirá por primeira vez na franquía combates de 8 xogadores á vez en modo local multi-xogador (para o que contarase con escenarios especiais máis amplos para dar cabida a todos os contendentes) e por permitir aproveitar o NFC do mando de Wii U para integrar no xogo as figuras amiibo (que poden coleccionarse).
Super Smash Bros. para Wii U tamén incluirá detalles como un modo multi-xogador en liña, a posibilidade de que os xogadores creen os seus propios escenarios, elixir entre numerosas opcións de control (por exemplo, permite xogar con vellos mandos de GameCube ou dende unha consolas Nintendo 3DS), permitirá a importación de loitadores da 3DS á Wii U, os usuarios que tamén rexistren a versión de 3DS do xogo recibirán de balde a súa banda sonora, poderase contar co personaxe de Mewtwo como loitador descargable de balde na primavera de 2015... e todo isto contando cunha chea de modos de xogo que engadirán moita variedade á principal aposta de Nintendo para a campaña de Nadal.


Vídeo no que presentan as 50 novidades do xogo que destaca Nintendo

PUBLICIDADE