Nintendo anuncia as datas de lanzamento dos seus vindeiros xogos

martes, 1 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Hoxe tivo lugar a emisión dun novo Nintendo Direct, que concreta as datas de lanzamento para os novos títulos de Nintendo 3DS e Wii U para o que resta de ano e parte do que vén, aproveitándose a ocasión para presentar tamén uns mandos Wii Plus en cor verde e vermello (inspirados en Mario e Luigi e que sairán á venda o 8 de novembro).
Para a Wii U sabemos xa que o 4 de outubro estrearase en formato descargable a aplicación Wii Karaoke U by JOYSOUND (que partirá dun catálogo inicial de 1.500 cancións); o 25 de outubro porase á venda Wii Party U; o 8 de novembro verá a luz Mario & Sonic en los Juegos Olímpicos de Invierno - Sochi 2014; o lanzamento de Super Mario 3D World está previsto para o 29 de novembro; e rematando o calendario anual teremos o xogo de quebracabezas Scribblenauts Unlimited para Wii U e Nintendo 3DS o 6 de decembro. Por desgraza, tanto por Super Smash Bros. como por Donkey Kong Country: Tropical Freeze haberá que agardar ata 2014.
A Nintendo 3DS recibirá o 24 de outubro Phoenix Wright: Ace Attorney - Dual Destinies; máis agardado é The Legend of Zelda: A Link Between Worlds, que sairá á venda o 22 de novembro; o xogo de rol de Square Enix Bravely Default farase agardar ata o 6 de decembro; e unha ver máis deixan algúns títulos para 2014, que neste caso son Mario Party: Island Tour e unha nova entrega das aventuras de Kirby.

Wii Karaoke U by JOYSOUND chegará en formato descargable o 4 de outubro

A 3DS recibirá a finais de novembro un novo xogo de Zelda


Vídeo íntegro do Nintendo Direct de hoxe

PUBLICIDADE