Nintendo achegará as vantaxes da Switch a Vilagarcía

luns, 2 de setembro do 2019 Marcus Fernández

A xira de verán de Nintendo co seu camión vermello chegará a Vilagarcía de Arousa para dar a oportunidade a nenos e maiores de pasalo en grande e coñecer mellor as posibilidades da Nintendo Switch. A SwitchPartyTour estará na Praza do Auditorio de Vilagarcía de Arousa os días 7 e 8 de setembro, con 47 postos de xogo, con distintas opcións pensadas para toda a familia, dividindo o espazo en dúas áreas, así como un espazo a pé de rúa con varias carpas e unha pantalla xigante.
Entre os xogos que poderán probarse nesta xira que pasa por 16 poboacións españolas, están Super Mario Party cos seus 80 novos minixogos, o novo Super Mario Maker 2, o imprescindible xogo de carreiras Mario Kart 8 Deluxe, o Super Smash Bros. Ultimate cos seus frenéticos combates, o FIFA 19, o Fortnite, o Just Dance, o New Super Mario Bros. U Deluxe, o Yoshi’s Crafted World e incluso Pokémon: Let’s Go Pikachu! e Pokémon: Let’s Go Eevee!.
Tras o paso por Galicia a xira de Nintendo rematará os seus 4.000 quilómetros de ruta en Madrid.

PUBLICIDADE