Netgear lanza unha nova solución de conectividade que combina Wi-Fi N e PLC
luns, 20 de setembro do 2010
A distribución da
conexión á Internet a través de Wi-Fi en domicilios de grande tamaño, con varios
andares ou, simplemente, con zonas cunha cobertura reducida poderá mellorarse
grazas ao novo Kit de
Ampliación Powerline AV 200 Wireless N (con referencia XAVNB2001) que crea
un punto de acceso sen fÃos alà onde se enchufe a corrente, aproveitando a rede
eléctrica do fogar para transmitir a conexión á Rede dende un emisor que
conectemos a unha das tomas Ethernet do noso router.
Esta nova solución é capaz de transmitir datos por PLC a unha velocidade de ata
200 Mbps (polo que serÃa máis que suficiente para achegar contidos en alta
definición) que converterÃase no seu punto final nunha rede Wi-Fi N, tamén de
grande velocidade, cun proceso de instalación rápido e sinxelo, no que non é
preciso software adicional.
O novo kit de Netgear estará
á venda en España por 192,63 euros.
- O novo kit de Netgear facilita a distribución da conexión á Internet no fogar