Namco Bandai distribuirá Ni No Kuni en Europa

luns, 17 de outubro do 2011 Marcus Fernández

O estudio de videoxogos Level-5 está a colaborar co estudio de animación Ghibli (responsable de grandes películas como Porco Rosso, La princesa Mononoke e El viaje de Chihiro) no desenvolvemento do videoxogo Ni No Kuni: Wrath of the White Witch, que trasladará a maxia dunha película de animación xaponesa a un videoxogo cun acabado magnífico no que viaxar por un mundo situado nunha realidade paralela, no que descubriremos numerosos minixogos e participaremos en combates propios do xénero principal deste título (o rol xaponés). O xogo chegará ao mercado xaponés dentro dun mes, e aínda que non é moi habitual a exportación deste tipo de títulos, Namco Bandai vén de anunciar que a primeiros de 2012 vai comercializar o xogo tanto nos EE.UU. como en Europa. Unha magnífica nova para todos os seareiros do estudio Ghibli que teñan unha PlayStation 3, podendo facerse unha idea do que achegará o xogo final grazas ao seu novo trailer:

Aínda que moitos J-RPG non sae do Xapón, Ni No Kuni vai levarse a EE.UU. e Europa
O protagonista do xogo vivirá numerosas aventuras para devolver á súa nai á vida
A historia do xogo transcorre nunha realidade alternativa

PUBLICIDADE