Nace o Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego

venres, 23 de febreiro do 2007

O Club Internacional de Prensa (Santiago) acolleu este venres 23 a presentación do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego, que estará formado polos sectores gráfico, editorial, publicitario e os seus provedores. A plataforma, que se constituirá oficialmente o vindeiro 20 de marzo, vai encamiñada a fomentar a formación do capital humano contribuíndo á innovación produtiva, á proxección internacional e, asemade, á competitividade das empresas galegas. O Clúster ten o seu xermolo nunha iniciativa da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia (AEAGG), que comezou a desenvolver o proxecto no pasado mes de xuño e coa axuda no financiamento da Consellería de Innovación. A plataforma empresarial traballará en catro eidos fundamentais: formación, innovación, competitividade e internacionalización.

PUBLICIDADE