Movistar permitirá ver a Champion League en 4K

luns, 18 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

Os usuarios de Movistar que teñan un televisor 4K van poder tirar un maior proveito da súa resolución de pantalla grazas a unha nova canle que bota a andar no Dial 442 do seu descodificador, Movistar Liga de Campeones UHD, que chega para os clientes de televisión por fibra óptica que conten co descodificador UHD.
A nova canle está destinada a retransmitir en 4K partidos seleccionados da UEFA Champion League, sendo o primeiro partido o encontro entre o Olympique de Lyon e o FC Barcelona, que mañá mesmo terá lugar ás 20:45 horas.
Movistar tamén ofrece partidos en 4K nas súas canles Movistar Partidazo UHD e beIN LaLiga 4K.
Adicionalmente Movistar+ tamén incorporou á súa oferta de televisión por cable as canles beIN LaLiga 2 Max HD, Nickelodeon HD e ETB3.

PUBLICIDADE