Movistar oferta un router Wi-Fi 3G ao mercar unha PSPgo

mércores, 30 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Telefónica e Sony chegaron a un acordo de colaboración de xeito que Movistar apoiará o lanzamento da nova PSPgo ofrecendo aos seus compradores a posibilidade de contratar calquera das súas tarifas planas de Internet móbil cun 50% de desconto durante os 3 primeiros meses e entregando o dispositivo Novatel MiFi 2352 de balde, de xeito que pode converterse a conexión de datos 3G en Wi-Fi, facilitando o acceso á Rede en case calquera lugar dende a consola portátil de Sony ou dende un ordenador con conectividade sen fíos.
Esta oferta estará vixente dende outubro de 2009 ata marzo de 2010, aplicándose a través dun cupón promocional (incluído na caixa da PSPgo) no que detallan as condicións da oferta comercial.

PUBLICIDADE