Movistar lanza este luns a súa Promoción de Verano

venres, 15 de xuño do 2007

A división de móbiles de Telefónica prepárase para o verán lanzando o vindeiro luns unha promoción que permite ós seus clientes establecer chamadas e videochamadas de balde durante as fins de semana ata o 23 de setembro para o que só teñen que pagar unha cota de alta de 5 euros. Esta oferta tamén se aplicará de luns a venres de 10 da noite a 10 da mañá durante o mes de agosto, destacando o feito de que non tódalas chamadas devanditas non só custarán 0 euros/min. senón que tampouco pagarán o establecemento de chamada.

PUBLICIDADE