Movistar lanza Conecta Autónomos 1Gb con conectividade fixa a máxima velocidade e con experto tecnolóxico

mércores, 20 de xullo do 2022 S. P.

Movistar ofrece a partir deste 20 de xullo o servizo Conecta Autónomos 1GB, en palabras da operadora “un produto único para autónomos de conectividade fixa que pon a disposición destes profesionais unha velocidade de 1Gb e un experto tecnolóxico”. Telefónica salienta que este lanzamento vén “coa mellor fibra de 1Gb do mercado”,, aspecto que, segundo indica, “as persoas autónomas valoran moito pola posibilidade de ter diferentes dispositivos conectados sen perder calidade na conexión”.
Ademais, outra novidade é que inclúe a figura dun Experto Tecnolóxico para dar un soporte técnico e informático co que resolver todas as dúbidas ou incidencias en calquera dispositivo do autónomo (tanto dispositivos de obxectos conectados -Io-T, como computadores persoais, móbiles, tabletas), de forma que o cliente poida dedicarse de cheo ao seu negocio.
En concreto, Conecta Autónomos 1Gb inclúe por 50 euros ao mes, sen cota de alta nin permanencia, os seguintes servizos:: fibra até 1Gb/1Gb Mb (simétrica); un experto tecnolóxico, unha liña individual de teléfono con tarifa plana a fixos e móbiles nacionais, e un router Smart WiFi gratuíto para novas altas de fibra. Actualmente por lanzamento, este produto está promocionado na contratación en liña a 40,99 euros durante 12 meses.

PUBLICIDADE