Movistar estrea a súa ferramenta de formación en liña Aula 365

mércores, 8 de setembro do 2010 Raquel Noya

A operadora de telefonía Movistar vén de lanzar un servizo de apoio escolar con contidos multimedia para nenos e nenas de entre seis e dezaseis anos, do que se poderán beneficiar totalmente de balde os clientes de ADSL da compañía.
Trátase de Aula 365, unha ferramenta que lle axuda ós estudantes a mellorar o seu rendemento e aos pais a facer un seguimento dos estudos dos seus fillos.
A aplicación permítelle aos usuarios compartir os seus intereses comúns de aprendizaxe e xerar conversacións dentro dun entorno seguro e moderado, co apoio dun mestre virtual.
Con esta iniciativa, Movistar pretende xerar unha comunidade educativa de aprendizaxe por Internet, ofrecer un servizo aberto, seguro e útil para o fogar, contribuir á sociedade estimulando o potencial de nenos e non tan nenos e promover conversacións que fomenten a intelixencia colectiva e colaborativa.
Todo isto encádrase dentro dun entorno totalmente moderado, de maneira que non hai ningún contido publicado que previamente non fora revisado e validado por profesionais.
Unha das peculiaridades deste servizo é que non permite insertar fotografías realis do neno polo que ao registrarse, éste debe seleccionar un personaxe e conformar a súa imaxe, o seu aspecto físico, vestuario e complementos; este avatar, será a súa imaxe dentro de Aula 365.
Para poder ser usuario de Aula 365, é preciso e imprescindible que o pai, a nai ou o titor se rexistre a primeira vez que accede á ferramenta para posteriormente dar de alta ao menor.
Aula 365 é de balde para tódolos clientes de Movistar ADSL, excepto Movistar ADSL tiempo libre e Movistar ADSL a tu medida, que teñen unha cota mensual por suscripc8ión de 2,9 euros ó mes.

PUBLICIDADE