Movistar confirma que mañá comezará a triplicar a velocidade da súa fibra óptica

xoves, 7 de maio do 2015 Marcus Fernández

Tal e como comentamos o pasado luns, e coincidindo coa suba de prezos das tarifas de Movistar Fusión en 5 euros, Telefónica lanzará mañá unha nova oferta do seu produto converxente Movistar Fusión TV, que incluirá velocidades de até 300 Mbps de descarga de datos e 30 Mbps de subida en conexións de fibra óptica, colocándose á cabeza de España en velocidade de descarga para clientes particulares.
Esta nova proposta substituirá ás anteriores, e estará dispoñible para os clientes particulares que se dean de alta por primeira vez e para os clientes actuais que soliciten a migración, realizándose o cambio totalmente de balde, aínda que o cambio de velocidade non será efectivo até o 1 de xuño.
Aparte das conexións a 300 Mbps, tamén ofrecerase o servizo de fibra a 30/3 Mbps, que coincidiría en velocidade coa máxima á que chegarían os clientes que contraten Fusión que estean fóra das zonas de cobertura da fibra óptica de Movistar.
Movistar Fusión Fibra de 300 Mbps con todas as prestacións do paquete básico terá un prezo de 77 euros/mes (IVE incl.).

Movistar Fusión Pro

Amais, Telefónica estenderá as vantaxes da súa oferta integrada Movistar Fusión ao colectivo de profesionais, autónomos e PEME co lanzamento de Movistar Fusión Pro, un novo produto converxente que ofrecerá as mesmas velocidades de acceso á Rede da oferta para particulares.
Amais do acceso á Internet, Movistar Fusión Pro incluirá tarifas planas a teléfonos fixo e móbil con desvío de chamada, 2 GB de navegación móbil, e unha serie de aplicacións profesionais: Tu Web con dominio incluído, OneDrive for Business de Microsoft con Office Online e disco duro virtual de 1 TB de almacenamento dende 65 euros/mes (IVE incluído).

Novo portfolio Movistar Fusión TV

PUBLICIDADE