Movistar amplÃa a cobertura da súa rede de fibra óptica en Avión
venres, 7 de agosto do 2020
- A casa consistorial de Avión fotografada por Adrián Estevez.
Telefónica segue a ampliar a cobertura de FTTH en Avión coa conexión de 377 vivendas e
locais que a partir de agora xa dispoñen desta tecnoloxÃa. As novas unidades
inmobiliarias en cobertura sitúanse en tres núcleos de poboación (Barroso, Abelenda
e Cernadas), e supón dotar de cobertura ao 45% do municipio.
A posta en cobertura destes fogares, que xa foi comunicada
ao alcalde do municipio, Antonio Montero, significa que poderán gozar da fibra
óptica de Movistar, que ofrece voz con alta calidade nas chamadas e máxima
velocidade de conexión a Internet en varios dispositivos (computador, tableta, móbil…) simultaneamente sen reducir
velocidade de conexión, entre outras vantaxes. Ademais, se o usuario dispón de
Movistar+, terá acceso a canles de alta definición e poderá gozar dos seus
contidos mentres navega por Internet. Igualmente conseguirá a máxima velocidade
e resposta nos xogos en rede.
Segundo explica o director de Territorio Norte de
Telefónica, Javier Zorrilla, «chegou unha infraestrutura de telecomunicacións
de última xeración que contribuirá ao benestar dos cidadáns e ao
desenvolvemento do municipio. Agradecemos a colaboración e a predisposición do
Concello á hora de conceder os permisos necesarios para levar a cabo o
despregamento dunha rede que se demostrou fundamental durante a crise do
COVID-19».
O despregamento nos novos fogares que entran agora en
cobertura está impulsado polo Ministerio de EconomÃa a través do Plan Nacional
de Extensión de Banda Larga de Nova Xeración (PEBANG). Telefónica continúa asÃ
coa súa polÃtica de colaboración público-privada para situar a Galicia á
vangarda en infraestruturas de telecomunicacións de última xeración. A finais
de 2019, o 40% da poboación da provincia de Ourense contaba con cobertura de
fibra óptica (FTTH) de Movistar, o que supuxo un total de 107.298 vivendas e
negocios e un 23,78% máis que no exercicio anterior.
A previsión é que na provincia de Ourense entren este ano en
cobertura outras 47.574, tamén en núcleos dispersos e orograficamente complexos,
aumentando en máis dun 44,34% a poboación da provincia que poderá gozar da
fibra óptica de Telefónica.