Movistar Plus+ abre o seu paquete básico a clientes de calquera operador

venres, 21 de xullo do 2023 Marcus Fernández

Tras anos nos que o servizo de televisión de pagamento de Movistar estaba ligado á operadora de telecomunicacións, a plataforma Movistar Plus+ reformúlase, de xeito que agora clientes de calquera operador poderán subscribirse ao servizo para gozar unha estrea cinematográfica ao día; fútbol de LaLiga, a Champions e as principais citas deportivas (NBA, ACB, tenis, ciclismo, rugby...); series orixinais e internacionais, documentais e contidos de lecer (La Resistencia, Ilustres Ignorantes, That’s my Jam...); e novas canles de Cine, Series, Música e Documentales que se duman a oferta habitual de cales da plataforma nunha oferta que estará dispoñible a partires do 1 de agosto.
O paquete básico de Movistar Plus+ con 80 canles terá un prezo de 14 euros e poderá verse a través de aplicacións móbiles, vía web ou de aplicacións para Smart TV, ou sexa, que non se limitará a descodificadores de Movistar, na liña do que xa facían coa oferta Movistar+ Lite, que era bastante máis limitada (e tamén máis económica).
Os clientes de miMovistar, pola súa banda, poderán contratar esta oferta por 11 euros/mes, e terán a posibilidade de completar a oferta de contidos con paquetes premium como Fútbol Total, Deportes Total ou Ficción Total.

PUBLICIDADE